
...a situación un pelín surrealista: cando cheguei o señor encargado (que cando o chamaron para preguntarlle a que hora abría dixo que "despois das 10 e media, que vai moito frío") taba fóra zampándose unha laranxa e cando lle preguntei acenoume indicando que baixara, pero sen falar (teria a boca chea, supoño) e alá me fun ás profundidades imaxinándome as novelas de misterio que poderían ter un escenario así... pero a pesares dos meus medos non apareceu ningún resto humano (agás unha botella de auga abandonada nas marabillosas escaleiras que imcumpren calquera normativa vixente (incluidas as novas do hábitat)), nin fun victima de ningún secuestro nin inundación por crecida repentina (como sona o río alí abaixo)... fixen fotos con toda esta presión e a do monumento baixo o que estaba e cando subín o señor xa taba en condicións de falar, queixouse do frío, collín un folleto e lisquei...
Sem comentários:
Enviar um comentário